Terra e Nostalxia: Galicia rural (Patrimonio cultural) por Gwendolyn Luo

Titulo del libro: Terra e Nostalxia: Galicia rural (Patrimonio cultural)

Autor: Gwendolyn Luo

Número de páginas: 128 páginas

Fecha de lanzamiento: November 8, 2018

ISBN: 8496526518

Editor: Baía Edicións A Coruña. S.L.

Descargue o lea el libro de Terra e Nostalxia: Galicia rural (Patrimonio cultural) de Gwendolyn Luo en formato PDF y EPUB. Aquí puedes descargar cualquier libro en formato PDF o Epub gratis. Use el botón disponible en esta página para descargar o leer libros en línea.

Terra e Nostalxia: Galicia rural (Patrimonio cultural) por Gwendolyn Luo

Gwendolyn Luo con Terra e Nostalxia: Galicia rural (Patrimonio cultural)

Velaquí temos entre as mans, nos tempos da imaxe, o que quere ser un receitario para recoñecernos no noso propio e infindo escenario. Territorio da "Galiza santa de romeiros e xoglares..." que cantou Cabanillas. Por moito que non se queira, parte nosa, a que, a pesares dos medos e das negacións, gardou as esencias da identidade e co esforzo do traballo ou da emigración, resistiu e nos fixo posibles. Fito e referente de futuro.



Ao pasar as páxinas deste libro, entre foto e foto, é como se abriramos xanelas ao espírito da terra, para atoparnos co maxestático e intemporal Nós que fomos e somos. Introducímonos aquí nun permanente convite de luces e sombras. Materia prima, abecedario, catecismo, para educar a ética e a estética fóra da domesticación consumista. Certo é que á natureza non podemos mellorala, pero si respectala. Cousa que os de antes tentaban, devotamente nela poñían aos deuses e ás deusas.



Fotos como fiestras, ás que non lles cómpre texto, que se abren ao escenario rural de Galiza, ese confín do mundo, cargado de misterios e nostalxias. Fisterras que dende o oriente das alboradas emproan cara ao occidente dos solpores, celebrando ao sol, a Venus, feita cuncha e vida. (...)



Como recomendación para a viaxe de internarnos no escenario do Nós, cómpre repetir as teimas do sabio don Ramón Otero Pedrayo: andar polo mundo coa mochila do saber sentir, de "enxergar" con todos os sentidos postos o "devalar", ese permanente devir heraclitiano: todo cambia, nós tamén e sempre entre esas rodas que enredan en bucles de espirais pasado e presente. Soamente poñendo todos os sentidos no seu sitio, tamén os da intuición poderemos introducirnos nunha especie de viaxe iniciática, de "Xogo da Oca", entre paisaxes e paisanaxes, para esvaecer brétemas e sombras, para recoñecer vellos camiños e sentirnos parte animista, panteísta dese devalar: vieiro, congostra que serpea polos ermos, entre as espesas